Moi quente, recentemente saído do forno, xa hai cartel para a noite máxica de boxeo na Coruña, no escenario do Frontón de Riazor, sábado 11 maio.
Despois dos éxitos anteriores, Luis Azteca, unha persoa que ama o deporte en xeral, e o boxeo en particular, é ademais un erudito da historia do Deportivo, estábanlle demandando outra velada das noites máxicas do boxeo na Coruña. O 11 de maio é a data para vivir a paixón das 16 cordas.
Montar un espectáculo destas características non é gratis, Estas veladas poden celebrarse grazas ao ímpeto e traballo dunha persoa con valores deportivos, os que inculca a quen acode ao seu ximnasio, #Luis Suárez, (#Luis Azteca) e ás firmas patrocinadoras e Institucións, sen eles, non sería posible celebrar este magno evento deportivo.
Iremos informando dos boxeadores que loitarán na noite coruñesa, e de todo o que rodean os combates. De momento, temos a data do evento, e ollo, o 11 de abril póñense a venda as entradas.