Antonio Ameijide agarda que o PSOE e o BNG cumpran coa resolución da Valedora do Pobo e «habiliten os mecanismos necesarios» para garantir que a visita a esta instalación provincial se produza a próxima semana
En cumprimento coa resolución da Valedora do Pobo, os deputados do Grupo Provincial Popular rexistraron unha comunicación para poder visitar a nave que a Deputación de Lugo ten en Begonte e que o goberno provincial converteu nun desguace de catamaráns e un vertedoiro provincial para tirar restos de obras.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que, para facilitar ao máximo a visita, na comunicación rexistrada o mércores 3 de abril sinalamos a nosa intención de “na vindeira semana, na data que o equipo de goberno propoña coa suficiente antelación” poder visitar estas instalacións “co fin de comprobar en que condicións se atopan as mesmas, así como que material e maquinaria albergan”.
Os deputados do Grupo Provincial Popular entenden que “o goberno provincial ten a marxe suficiente para organizar a visita e, se é necesario, designar o peroal que acompañe aos deputados populares e habilitar as medidas de seguridade que dende a institución estimen convinte”.
O voceiro popular recorda que “non é a primeira vez” que tentamos visitar estas instalacións no polígono de Carral, en Begonte, (xa se realizaron comunicacións para a súa visita o 24 de novembro de 2023 e 29 de febreiro de 2024) “pero José Tomé sempre vetou o acceso”.
Agora, tendo en conta a resposta da Valedora do Pobo de Galicia, de data 15 de marzo de 2024, en relación á pretensión de deputados do Grupo Provincial Popular de visitar dependencias da institución provincial, na que se conclúe por unha banda que se debe garantir a libre entrada por parte dos mesmos ás que son de atención directa á cidadanía e que, por outra banda, respecto ás que non o son o réxime de acceso (como sería a esta instalación) bastaría unha sinxela comunicación previa, non sendo necesaria autorización.
“Agardamos que se autorice a visita porque, do contrario, José Tomé, o PSOE e o BNG estarían a demostrar que teñen algo que agochar e que a falta de transparencia é un dos seus sinais de identidade”, afirmou.