Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitan o PIT xunto co Xefe Provincial da DXT

por Redacción Lugo

A Tenencia de Alcaldía e a DXT avalían colaborar para achegar formación viaria ás nenas e nenos de Lugo «utilizando o PIT para realizar diversas actividades coa DXT»

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitaron, xunto co xefe provincial da DXT en Lugo, Alberto Rodríguez Fernández e persoal da DXT en Lugo, as instalacións do Parque Infantil de Tráfico ubicado na Milagrosa. Maite Ferreiro afirmou que «estamos a traballar da man da DXT para achegar formación en seguridade viaria ás nenas e nenos de Lugo, utilizando para este fin as instalacións do PIT».

O Goberno de Lugo difundirá as actividades que se organicen nestas instalacións por parte da DXT e facilitará a o uso das instalacións ao persoal da DXT para realizar as mesmas. «Con esta iniciativa buscamos recuperar o funcionamento do PIT traballando na formación das nenas e nenos, obxectivo principal desta instalación», afirmou Maite Ferreiro.

A Tenencia de Acaldía e a DXT traballarán para «achegar coñecemento e boas prácticas sobre seguridade vial a todas as nenas e nenos do Concello de Lugo, a través de colaboracións que se farán chegar tamén aos centros de ensino».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario