Comezan as xornadas de Cultura Clásica na Delegación da Xunta en Lugo

por Redacción Lugo

Onte deu comezo na Delegación Territorial da Xunta en Lugo as XVIII Xornadas de Cultura Clásica, que se desenvolverán durante toda a fin de semana. Suman máis de 130 inscritos e contarán coa participación de expertos e divulgadores nacionais e internacionais.

Están organizadas pola Asociación Cultura Clásica, co apoio do Goberno galego, e céntranse no patrimonio, a lingua e as civilizacións grega e romana. Ademais de conferencias sobre a materia, inclúen obradoiros didácticos, actividades como a lectura de cartas de soldados romanos e a escenificación de técnicas de combate, a representación de Edipo Rei –a cargo da compañía de teatro Noite Bohemia- ou unha cea con receitas extraídas dos textos de Columela e Apicio.

programa rematará o domingo pola mañá, cunha visita guiada por Lugo integramente en latín, dirixida polo Circulus Latinus Gallaicus.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario