Estamos falando dunha entrada estratéxica “xa que este punto é a arteria principal para accecer e sair de Lugo, que conecta a N-6 coa A-6; que da acceso ao núcleo de Nadela; onde conflúe a saída á LU-546 que leva aos condutores ao municipio de Sarria pola estrada vella pasando por Santa Comba e que da acceso ao corredor Lugo-Monforte.
Co obxecto mostrar a nula iluminación deste punto a veciñanza da contorna xunto con concelleiros do Partido Popular de Lugo e deputados e senadores participaron nunha concentración simbólica nocturna acendendo as linternas dos seus móbiles ao pé da rotonda.
Tralo acto a voceira popular indicaba que “a paciencia da veciñanza está ao límite xa que a deficiente iluminación desta rotonda, competencia do goberno central, provoca inseguridade aos condutores e ademáis proxecta unha mala imaxe da cidade” afondando en que “cando entras na rotonda de Nadela á noite dá a sensación que chegas a un lugar remoto”.
Elena Candia destacaba que: “Somos duros e contundentes con esta cuestión porque a politica é de grandes proxectos pero tamén dos pequenos detalles que afectan á vida da xente como é o caso deste acceso a Lugo que está en absoluta penumbra”.
É incomprensible que Ministros socialistas se paseen por Lugo e que estas visitas non traían nin investimentos, nin tan sequera xestos para mostrar unha cidade acolledora acendendo as farolas que hai nesta ubicación”.
Os populares recrimiaron a falta de liderazgo político dun PSOE, que non traballa nin consegue nada para Lugo, e dun BNG que se limita a facer ofensivas de titular”.
Os populares anuncian que presentarán unha iniciativa a pleno para que o Concello de Lugo inste ao Goberno de Sánchez a encender as luminarias da rotonda provocando malestar e problemas de seguridade vial aos conductores que pasa por este lugar situado no quilómetro 498 da N-6. Tamén os representantes do partido en Madrid elevarán preguntas para coñecer porque motivos non se ilumina a rotonda xa que se trata dunha estrada de titulariedade estatal.