Alicia López, elixida por unanimidade presidenta  da Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo

por Redacción Lugo

A  técnico agrícola de Palas de Rei, Alicia López, elixida por unanimidade presidenta  da Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo

– Colle o relevo da súa predecesora —— e asume “con convencemento  e ilusión” a nova responsabilidade, pois o obxectivo é “seguir poñendo en valor o noso rural e dando oportunidades ás persoas que viven nel ou teñen o seu medio de vida nel”

– Explica que o plan de actuación para os vindeiros meses, enmarcado no Plan Corresponsables da secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, inclúe accións formativas para favorecer a conciliación das familias con nenos ata os 16 anos, creando emprego de calidade neste sector e dando asesoramento para obter o Certificado de Profesionalidade; ademais do Proxecto Coeducativo nos colexios de Primaria

– Estas iniciativas súmanse ás 30 formacións impulsadas no último trimestre do ano destinadas á prevención da violencia de xénero

– Afammer Lugo xurde a finais de 2022 e na actualidade conta con cinco asociacións integradas: Lugo, Portomarín, Begonte, A Pastoriza e Vilalba

A técnico agrícola de Palas de Rei, Alicia López, vén de ser elixida no día hoxe presidenta da Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo -Afammer Lugo-. A integrantes desta entidade apoiaron por unanimidade a súa candidatura coa que perseguen “seguir poñendo en valor o noso rural e dando oportunidades ás persoas que viven nel ou teñen o seu medio de vida nel”.

Esta Federación xurde a finais de 2022 e na actualidade conta con cinco asociacións integradas: Lugo, Portomarín, Begonte, A Pastoriza e Vilalba. Nos vindeiros meses pretende seguir ampliando a súa rede por toda a provincia, de tal xeito que a integración do colectivo de Abadín está a punto de materializarse.

A nova presidenta colle o relevo da súa predecesora —— e asume “con convencemento e moita ilusión” a nova responsabilidade. Deste xeito, o seu obxectivo “é dar continuidade ao traballo iniciado; consolidar o que se fixo ben e seguir traballando polo rural dende os valores da igualdade  e da xeracións de oportunidades”.

Plan de actuación

Esta moza de 44 anos explicou que o plan de actuación para os vindeiros meses enmárcase no acordo Plan Corresponsables, asinado o pasado 21 de marzo coa secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, e que está orientado a favorecer a conciliación das familias con nenos ata os 16 anos, creando emprego de calidade no sector dos coidados e dignificar e certificar a experiencia profesional do coidado no formal.

Afammer Lugo cumpre así tamén un dos obxectivos do Plan Nacional Corresponsables, destinado a axudar a transformar en actividade laboral reglada o coidado de menores, ben sexa no fogar, empresa ou cubrindo as necesidades sociais que se poidan dar na conciliación familiar. “É un paso máis para avanzar na profesionalización do sector. Tal é así que dende a Federación ofreceuse formación gratuíta para que as mulleres poidan acceder ao Certificado de Profesionalidade no Coidado de Menores ata os 16 anos”, detallou.

No marco deste acordo, desenvolveranse unha serie de cursos formativos relacionados con esta materia por toda a provincia. Son os seguintes:

  • COMPETENCIAS PERSOAIS
  • Primeiros auxilios
  • Primeiros auxilios Pediátricos
  • Prevención de accidentes domésticos
  • Manipulador de alimentos
  • DESENVOLVEMENTO PERSOAL
  • Comunicación E motivación
  • Alimentación consciente
  • COMPETENCIAS PARA A CRIANZA
  • Competencias parentais
  • Conciliación e corresponsabilidade
  • Hábitos de vida saudable
  • HABILIDADES PARA A MELLORA DA EMPREGABILIDADE
  • Orientación laboral para a busca de emprego
  • Competencias dixitais básicas para o emprego
  • Igualdade de oportunidades

Ademais, presentaranse nos colexios de primaria o Proxecto Coeducativo. A finalidade, explica, é “educar tendo en conta as aportacións que tanto homes como mulleres fixeron. É dar oportunidades para que os nosos nenos e nenas experimenten todo tipo de xogos e que poidan elixir eles mesmos, axundándolles a respectar e ofrecer alternativas ao contos tradicionais nos que existen estereotipos de atributos femininos e masculinos e as accións”. En definitiva, ofrécense recursos didácticos de apoio para traballar no uso non sexista, redefinir roles, personaxes e historias desde unha perspectiva crítica. Para elo empregaranse os contos de Rosa Caramelo, Os paxaros Arcoiris e Arturo e Valentina.

30 cursos no último trimestre de 2023

A Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo -Afammer Lugo- asinou tamén o pasado ano outro acordo coa secretaría xeral de Igualdade, e que leva por nome: Desenvolvemento de Formación e Sensibilización sobra a Violencia de Xénero. A través desta liña de actuación, executáronse as seguintes actuacións: deseño e desenvolvemento de identidade visual do proxecto, con material informativo e promocional do mesmo; posta en marcha do portal web https://afammerlugo.es/ con diferentes recursos dispoñibles para as mulleres do rural en situacións de risco de violencia machista; xornadas a cargo de profesionais que se celebraron en Lugo, Mondoñedo, Foz, Monforte ou Vilalba, ademais doutra campaña de sensibilización e concienciación na infancia a través de actividades didácticas, e que se inclúe na seguinte ligazón: https://afammerlugo.es/proxecto-coeducativo.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario