A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, asistiu este domingo á 15ª edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, coa que colabora a Deputación a través dunha achega de 4.000€.
Morandeira puxo en valor a artesanía da provincia de Lugo nesta cita que contou ademais con talleres de ferro, demostracións de diferentes oficios, unha exposición de artesanía e produtos do campo.
Tamén actuou o coro de Riotorto e a charanga NBA, celebrouse un obradoiro de ferro infantil e un espectáculo de lume e malabares.