A cuarta edición do Encontro Mundial de Humorismo boutou a andar esta tarde da man do cómico coruñés David Perdomo, quen presentou nesta xornada inaugural unha sesión especial do seu podcast El nicho no ateigado auditorio da Sede Afundación. As risas e os cheiros foron protagonistas dunha sesión que contou con Xosé A. Touriñán como convidado especial.
O EMHU continuará este venres 26 no Coliseum. O showman Juan Dávila regresa á cidade da Coruña co seu coñecido espectáculo La capital del pecado 2.0. Máis de 6.500 persoas asistirán á sesión, que comezará ás 21.00 horas e para a que non quedan entradas dispoñibles desde o mes de decembro.