Unidas Podemos Laxe, denuncia ao goberno municipal por contratos irregulares, ante o Tribunal de Contas

por Redacción Galicia

Unidas Podemos Laxe denuncia, ante o Consello de Contas de Galicia e o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia,  os contratos do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e da subministración eléctrica do Concello de Laxe.

O Concello de Laxe adxudicou un contrato menor para o SAF, con data de finalización do 31/12/2018. Desde entón, o grupo de Goberno do PP non o sacou a licitación pública, incumprindo presuntamente a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, na que se establecen as seguintes limitacións para os contratos menores:

1. Non son prorrogables

2. Non poden ter unha duración superior a un ano

3. Non permite a revisión dos prezos

4. O valor estimado debe ser inferior a 15.000 euros

Ao noso xuízo, esta modalidade de contratación non é a axeitada para un servizo básico coma o SAF, permanente e continuado no tempo.

Ademais, entendemos que dificulta realizar o seguimento e control do mesmo e impide que outras empresas poidan concorrer a levar a cabo dito servizo.

A maiores, o Concello trocea o contrato de subministro de enerxía eléctrica en varios contratos menores, o cal pode incurrir nunha irregularidade manifesta.

Consideramos pois que

O Goberno do PP de Laxe NON ESTÁ A CUMPRIR COS PRINCIPIOS que rixen a contratación pública: de igualdade, non discriminación e TRANSPARENCIA e que NON VELA pola salvagarda da LIBRE COMPETENCIA tal como establece a devandita Lei.

Por outra banda salientar que en Unidas Podemos Laxe consideramos que o mellor xeito de prestar un Servizo Público de Axuda no Fogar de calidade é a través da xestión directa do Concello na súa totalidade.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario