Antonio Ameijide e Carmen José López comprobaron o «nefasto estado de mantemento» desta estrada provincial xunto ao voceiro do PP en Barreiros, José Manuel Gómez Puente.
Antonio Ameijide afirma que nin PSOE nin BNG apoian ás iniciativas empresariais asentadas no rural nin queren que se implanten novas actividades á vista do estado no que manteñen a rede viaria provincial, a principal vía de comunicación para calquera persoa que queira iniciar un proxecto de vida ou empresarial no rural
· Esta estrada de Barreiros, na que hai cinco explotacións agrarias, está chea de blandóns, fochancas e carece de cunetas «unha clara mostra do abandono» que Tomé, o PSOE e o BNG dan á rede de estradas provincial
· O voceiro popular condena «a imaxe» que se dá do turismo na Mariña xa que «preocuparse polo turismo tamén é manter en bo estado as estradas que levan aos miles de turistas que nos visitan cada verán aos areais»
· Ameijide recorda que foi un goberno do PP á fronte da Deputación o que creo esta rede de estradas, a máis extensa de España, con menos medios que os que teñen agora PSOE e BNG para o seu mantemento e insiste na necesidade de poñer en marcha un plan anual de arranxo de vías dando prioridade ás que teñen maior deterioro