PP Lugo: «As medidas da alcaldesa, Paula Alvarellos en urbanismo, duplicaron o colapso das licenzas

por Redacción Lugo
  • A mesa técnica de urbanismo do Partido Popular presentou un informe que acredita que o concello de Lugo non só non mellorou, senón que foi a peor á hora de resolver as licenzas de obra maior” reflexionando sobre as consecuencias  “da preocupante situación que se vive nun dos departamentos vitais da estrutura municipal como é o de urbanismo”.
  • Para rebatir “os datos enganosos do balance que fixo a alcaldesa dos 100 primeiros días de goberno nos que presumía de que se resolveron máis de 400 licenzas e títulos habilitantes” analizaron dúas variables:
  1. O número de licenzas de obra maior que se concederon no período que coincide coa incorporación do novo Director de urbanismo,  do 15 de marzo ao  25 de abril deste ano, comparándoas  coas tramitadas nese mesmo período do ano 2023. Conclusión: En Lugo no primeiro trimestre de 2024, cun director de urbanismo, resolvéronse menos da metade de licenzas de obra maior que as tramitadas no mesmo período de 2023: De 31 licenzas pasaron a 14.
  2. Outro criterio para desmontar os datos ficticios de Alvarellos é o uso das comunicacións previas como dato numérico para avalar o bo funcionamento de urbanismo cando estas solicitudes corresponden a obras menores e son trámites sinxelos destacando como unha alta porcentaxe delas  non se toman en consideración e por tanto non saen adiante. Por exemplo no ano 2023 aproximadamente unhas 180 se declararon ineficaces
  • A medida estrela de Paula Alvarellos de contratar a un Director Xeral de Urbanismo, que nos custa aos lucenses máis  de 70.000 €, non supuxo melloras á hora de desatascar o bloqueo dos proxectos que se presentan no Concello de Lugo lembrando que “segue a estela doutras ideas que impulsou antes a alcaldesa cando era concelleira de urbanismo”
  • Os populares están preocupados porque de seguir o ritmo de estudo de expedientes no que resta de ano se resolverían 127. Tendo en conta que hai preto de 200 esperando informe seguiríamos nunha situación critica ironizando con que “a sinatura do director xeral por cada licenza de obra maior cústanos aos lucenses preto de 1.400 €”.

MÁIS TRANSPARENCIA E ATENCIÓN PRESENCIAL

  • A mesa de urbanismo amosou tamén a súa preocupación porque a xestión urbanística en Lugo se caracteriza pola opacidade e a falta de transparencia  xa que coas atribucións do Director Xeral de Urbanismo descoñecese o traballo que sacan adiante os 8 profesionais que hai na área de arquitectura.
  • Tamén insisten en que resulta inconcibible que sigan negando  a atención presencial aos cidadáns e profesionais, algo que non pasa en ningún outro concello de Galicia
  • O PP pide humildade e sentido común xa  que “para resolver o colapso no departamento de urbanismo primeiro hai que recoñecer que hai un problema e deixar de balances triunfalistas
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario