Hoxe empezan as obras entre Neaño e Cesullas

por Óscar de Souto

O primeiro tramo das obras de ampliación da estrada DP- 1406, as 12:30 horas empezan os preparativos para iniciar hoxe os primeiros movementos de terra. Este tramo conecta as localidades de Cesullas e Neaño e conecta o Concello de Cabana con Baio, no Concello de Zas, así como o enlace coa autopista.

A Deputación da Coruña adjudicaou estas obras de mellora na seguridade vial que afecta ás parroquias de Cesullas e o lugar zasense de “O Allo”. O custe será de 773.498 euros.
Estas melloras viales consisten na construcción dunha senda de dous metros de ancho pola marxe dereita da vía, entre os puntos quilométricos 0,6 y 1,9, ampliación da plataforma do vial, para lograr dous carriles de tres metros e medio, e beirarrúas de medio metro.
A Deputada de Obras, Mónica Rodríguez, destacou que estas melloras serán unha importante mellora para a seguridade dos veciños e veciñas destas localidades.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario