O feiral supera os 200 animais do ano pasado entre o gando vacún, equino, ovino e caprino procedente de ganderías da Fonsagrada, Castroverde, As Nogais, Becerreá, Navia de Suarna, Cervantes ou Asturias. A Deputación de Lugo levou tres exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro á cita gandeira. O prezo medio dos animais foi de 2.516€ O máis elevado ascendeu a 2.850€.
A asociación Territorio Verde, co apoio do Concello, recuperou no ano 2019 esta feira tradicional co obxectivo de poñer en valor a actividade gandeira e enxalzar o espírito das feiras de hai 40 anos que se celebraban ao aire libre e eran o principal punto de venda de gando na Montaña lucense.
Desde primeira hora da mañá, a xornada contou coa poxa de xovencas, a entrega de premios aos mellores exemplares, sorteos e inchables para os máis pequenos. Ao longo do día, a xornada estivo amenizada polos grupos de música tradicional Os Xardois, Os Gaioleiros, e Tania e o seu acordeón.