A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana co alcalde da Laracha, José Manuel López, e a concelleira de Promoción Económica desta localidade coruñesa, Rocío López, para tratar asuntos de interese para o concello.
Esta xuntanza serviu para avaliar posibles vías de colaboración entre ambas institucións no eido da promoción de produtos agroalimentarios, un importante sector da economía tanto deste concello como da galega.