O PP, preocupado pola marca do FIV que “é patrimonio do noso Concello”, solicita unha reunión coa área de Cultura que xestiona Vilalba Aberta

por Redacción Lugo

Os populares veñen de obter por escrito, resposta á pregunta formulada no pleno de xaneiro sobre as xestións do goberno municipal en relación á intención da empresa encargada da organización de rexistrar a marca.

Os concelleiros populares trasladan a súa preocupación pola situación da marca FIV de Vilalba que “é patrimonio do noso Concello” e piden unha reunión coa área de Cultura que xestiona Vilalba Aberta.

O Grupo Municipal Popular vén de obter resposta por escrito á pregunta que formulara no pleno de xaneiro, unha vez ter coñecemento de que a empresa adxudicataria do contrato para a organización do festival pretendía rexistrar a marca FIV de Vilalba, sobre as accións que tiña previsto levar a cabo o goberno local en relación a este asunto.

O goberno local recoñece na súa resposta á pregunta dos populares que “o Concello de Vilalba firmou un contrato de patrocinio coa empresa I-radia Crea para que se fixera cargo da organización do festival”. E que “recomendados polos asesores da empresa, debido ás peculiaridades deste tipo de contratación, a empresa iniciou a tramitación para rexistrar a marca FIV de Vilalba” e tras advertir desta situación “o goberno local acordou cederlle o uso da marca e/ou imaxe do FESTIVAL INDEPENDENTE DE VILALBA durante o tempo do contrato”.

Os concelleiros subliñan que  “os responsables do goberno local confían na boa fe da empresa”, pero “non chega coa declaración de boas intencións. O goberno municipal ten que traballar para que o propietario da marca sexa o Concello de Vilalba”. E advirten que “se unha empresa ten rexistrada a marca FIV podería levar se quixera o festival, por exemplo, a Vigo”, advirten.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario