Nunha resposta por escrito a preguntas dos representantes no Congreso do PP
Unha resposta por escrito do Goberno central a preguntas dos deputados populares certifica que o concello de Lugo “foi o que paralizou durante anos o desenvolvemento do Plan Paradai”.
- Cristina Abades lembra como no ano 2020 a alcaldesa de Lugo e o Presidente da Confederación Hidrográfica anunciaron un convenio para realizar obras na contorna da glorieta da rúa Serra de Meira para evitar o desbordamento no río Rato que se formalizou un ano máis tarde.
- A popular indicou que como “pasaron 4 anos dende o anuncio do convenio, por iso, dende o Congreso preguntamos porque non se executaron as anualidades do convenio de 2021, 2022 e 2023 e se tiñan a intención de realizar esta intervención”.
- “A resposta do goberno central é clara: “la aprobación del proyecto por el concello de Lugo el pasado mes de marzo habilitó el procemiento de contratación y, en ese sentido, el pasado 8 de abril se licitó el proyecto”.
- É dicir, se constata que non se puideron iniciar as obras do Plan Paradai porque era necesaria a aprobación do proxecto confirmando “que o Goberno Local está máis preocupado en culpar a outras administracións que en traballar para rematar esta infraestrutura que suporá un revulsivo para a zona”.
- Os populares valoran a licitación do proxecto e piden celeridade para que esta obra sexa unha realidade o antes posible.
- O Plan Paradai “é unha obra demandada polos lucenses dende hai máis de 10 anos tras un investimento da Xunta de 10M€” indicando que “o proxecto para ese treito foi redactado pola área de Infraestruturas da Xunta no ano 2018, pero por mor de diferentes desencontros entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Lugo sobre aspectos técnicos impediron que se puidese rematar a pesar de que nos orzamentos da Xunta, dende o ano 2018, dispón dunha partida de 500.000 € para esa actuación”.