En Sada participan 24 equipos e preto dun centenar de nenos e nenas, a maioría deles da localidade.
A pista de balommán instalada na praza Irmáns Suárez Picallo, no paseo marítimo de Sada, acolle durante esta fin se semana os partidos da Copa 5×5 Deputación da Coruña, que pretende levar este deporte a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos dunha forma lúdica e divertida.
O evento, que se celebra en Sada tras o seu paso pola cidade da Coruña e o concello de Negereira, recalará nun total de sete concellos da provincia. O ciruíto contará coa participación de máis de 1.600 deportistas e pretende achegar o deporte do balonmán a todos os públicos e favorecer a práctica desta disciplina deportiva.
No caso de Sada, participan un total de 24 equipos e preto dun centenar de nenos e nenas, a maioría deles da localidade.
Nos lugares seleccionados disporase unha pista de mini-balonmán ao aire libre, con bancadas para 250 persoas para que familias e afeccionados poidan gozar vendo en acción aos máis pequenos/as.
A pista dispón de marcador electrónico, unha gran pantalla LED, megafonía, speaker e comentaristas e nalgunhas sedes incluso un dron para as tomas aéreas do evento, configurando un gran espectáculo para toda a familia no que os pequenos e pequenas deportistas son os protagonistas.
O deputado portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, participará o domingo 19 de maio, ás 19.45 horas, no acto de entrega de medallas e trofeos aos gañadores do evento de Sada. O circuíto continuará ata finais de xuño nos concellos de Zas, Oroso, Cedeira e Ribeira.