Cristina López participa no Funergal, a maior feira sobre o sector funerario de Galicia e Portugal

por Redacción Lugo

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, representa ao Concello de Lugo na edición 2022 da feira Funergal, que se está a celebrar esta semana en Ourense

Funergal é o principal punto de encontro do sector funerario do estado e de Portugal, e ano tras ano reúne ás principais empresas e acolle as presentacións das últimas novidades do sector.

A participación neste evento, de calado internacional, contribúe á proxección do Cemiterio Municipal de San Froilán, que se está a converter nun dos cemiterios máis emblemáticos do estado.

A Tenencia de Alcaldía conta cunha importante presenza en Funergal coa itinerancia da exposición «Arrolos ao ar» sobre dó perinatal que, adquirindo deste xeito unha proxección internacional para dar a coñecer unha esfera de dor pouco coñecida e atendida e levando a mensaxe de apoio incondicional ás persoas afectadas pola perda durante a xestación ou periodo perinatal.

Ao mesmo tempo, a participación neste evento supón unha toma de contacto con profesionais, persoas xestoras e responsables de cemiterios en todo o estado a través da AFCM (Asociación de entidades funerarias e cemiterios municipais), o cal supón sempre unha aprendizaxe e un intercambio de experiencias nun sector tan específico como é o funerario.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario