O PP lucense considera «impensable» que «Tomé celebre que a provincia de Lugo quede sen alta velocidade»

por Redacción Lugo

Elena Candia subliña a «falta de liderado político» do secretario xeral do PSOE lucense e presidente da Deputación ante «este trato discriminatorio por parte de Pedro Sánchez á nosa provincia, a única de Galicia sen alta velocidade».

  • O Goberno de Pedro Sánchez «certifica» que «renuncia ás variantes que permitirían rebaixar o tempo da viaxe entre Lugo e Ourense en ata 23 minutos, co aval de Tomé, o PSOE lucense e o consentimento do BNG»
  • A presidenta provincial coincide coa valoración do Grupo Popular na Deputación despois de que o portavoz, Antonio Ameijide, definira como «vergoñento que o PSOE e Tomé vaian a Ourense a aplaudir que Sánchez deixe a Lugo como a única provincia de Galicia sen alta velocidade»
  • Os populares condenan que «os pactos de PSOE e BNG deixen fóra do transporte ferroviario a Lugo, provocando o illamento da provincia, a perda de competitividade para as nosas empresas e de oportunidades para os lucenses»
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario