O Ineltrón Santo Domingo acaba a liga con nova vitoria

por Redacción Deportes

Nun partido “a rachas”, no que o Cambre chegou ter 14 puntos de vantaxe no 3Q, o Ineltrón Santo Domingo Betanzos logrou dar a volta ao marcador e levou do Sofía Toro unha vitoria que deixa a marca nun espectacular12-2 (24-2 no total da temporada). Pese a saíren forte os de Doc cun 2-9, un Cambre bastante máis metido no partido deseguida rubricou un parcial de 13-0 para tomar unha vantaxe que soubo xestionar ata o minuto 31 e que, tras pasar polo descanso (31-35) chegou a ser de 14 puntos (53-39). Foi entón, a falta de 9 minutos para o final, cando os betanceiros deron a volta ao marcador e pensaron en ver gañado un partido que parecía perdido. Duelo anotador e defensivo entre o local Julio Flores Valado e Will Pereiro e minutos decisivos dos clásicos da plantilla Abelleira, Dani e Rozas. A vantaxe puido ser de oito puntos, se Latas acertase cuns tiros libres a falta de pouco máis de minuto e medio para o final, pero a precipitación nos últimos segundos reduciu a diferencia e mesmo deu opcións de partido aos locais, que fallaron na xogada decisiva e deron 2 tiros a Rozas a falta de catro décimas co marcador, finalmente inamovible, de 75-76 para os betanceiros.

A derrota de Cambre fai que estes descendan ao cuarto posto e que se convertan no rival dos betanceiros na fase final que se ha celebrar no Carregal a vindeira fin de semana. A outra semifinal medirá ao Porriño baloncesto Base e ao Sigaltec Vilagarcía. Como premio, dous ascensos a liga EBA, que non é pouco.

La Goleta deberá agardar á fin de semana que vén para ascender a Segunda División

No que toca a outros resultados do club, destaca a derrota na prórroga do sénior de Terceira División, “La Goleta”, que sucumbiu por 77 perante Adfro. Con este resultado, os betanceiros deben esperar á semana que vén para conseguir o ascenso a Segunda División. Iso si, sempre que gañen o seu partido fronte aos lucenses de A.X. Sagrado Corazón.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario