O PP de Foz urxe a Cajoto a que cite aos familiares dos usuarios da Residencia de Maiores “e pense como reducir as tarifas”

por Redacción Lugo

“Non por repetir as mentiras se converten en realidades. Os únicos culpables dos altos prezos e do retraso son o señor Cajoto e o BNG” achaca Jorge Castiñeira

O Partido Popular de Foz urxe a Cajoto a que cite aos familiares dos usuarios da Residencia de Maiores e pense como reducir as tarifas. Así o fai tras a adxudicación do novo contrato da Residencia de Foz.

“Chama poderosamente a atención que o goberno local dixera hai ano e medio, aproximadamente, que os prezos eran suficientes para defender o servizo o que levou ao enfrontamento coa anterior empresa e que agora aprobe unha suba das tarifas a moitos usuarios que non poderán asumir”, lamenta o voceiro do popular, Javier Jorge Castiñeira. O PP entende que si se quere ter unha residencia municipal para todos os focenses o Concello vai a ter que poñer medios e recursos para dar ese servizo, como o están a facer o resto dos concellos que participan no Consorcio da Xunta de Galicia ou que están participando nas residencias da Deputación que, tamén, teñen que pagar a súa parte proporcional.; e o Concello de Foz vai a ter que facelo e en caso de que non queira facelo vai a repercutir directamente nos prezos aos usuarios.

Por outra parte, en primeiro lugar, hai que lembrar que se estivo un ano e medio nunha situación irregular por culpa da desidia do equipo de goberno, por non querer firmar, no seu día, un convenio coa Xunta de Galicia que o retrasou todo xa que, ao final, non tivo máis remedio que firmalo. En segundo lugar, o equipo de goberno do PSOE e BNG non quixo formalizar unha comisión de seguimento para esta circunstancia onde, ademais dos grupos políticos, o PP de Foz pedía que se incluíran, tamén, aos afectados, especialmente aos familiares dos residentes, para que estiveran informados; e esta comisión non se chegou a crear porque o PSOE e BNG non quixeron.

“Polo tanto, non por repetir as mentiras se converten en realidades. Os únicos culpables dos altos prezos e do retraso son o señor Cajoto e o BNG que prefiren o enfrontamento político coa Xunta de Galicia e prexudicar aos usuarios a tratar de resolver os problemas e asumir a responsabilidade dunha residencia integramente municipal”, achaca Jorge Castiñeira.

O Partido Popular agradece ao Grupo Idea Solucións estes cinco anos de servizo na residencia, anos que foron difíciles e complexos pola situación da Covide-19 que superaron con profesionalidade e, tamén, pola falta de compromiso e apoio por parte do bipartito local.

“Unha vez máis, percibimos a idea do bipartito de PSOE e BNG de destruír todo o que creou e puxo en marcha o PP incluída a Residencia de Maiores que tan ben funcionaba”, lamenta o voceiro do PP de Foz, Javier Jorge Castiñeira.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario