Sumar Galicia pide á UE que condene “o xenocidio de Israel sobre o pobo palestino”

por Redacción Galicia

Juan Díaz Villoslada, número dez na lista ás eleccións europeas por SUMAR, quixo deixar clara a postura de SUMAR ante a visita que os 23 embaixadores da Unión Europea realizarán mañá á cidade da Coruña.

Unha posición clara sobre o estado de Palestina e esixencia inmediata do cesamento do xenocidio que o estado de Israel está a levar a cabo sobre o pobo palestino. As esixencias de SUMAR Galicia respecto deste terrible e sanguento conflito son claras, e a súa reivindicación intensifícase estes días, con motivo da visita organizada pola Presidencia Belga do Consello da Unión Europea a Galicia, que recalará mañá martes na Coruña.

“Chamemos ás cousas polo seu nome”, apunta Juan Díaz Villoslada, candidato ás próximas eleccións europeas na lista de SUMAR, “o que está a suceder en Palestina é un xenocidio, e a Unión Europea ten a responsabilidade de pronunciarse alto e claro respecto diso. Non podemos permitir que o estado de Israel siga masacrando impunemente á poboación palestina”.

O camiño está claro, apuntan desde SUMAR Galicia, e ten unha soa dirección: recoñecer o estado Palestino e condenar oficialmente o xenocidio sobre a súa poboación. “A visita dos embaixadores europeos á Coruña mañá debería servir para unir forzas sobre esta terrible situación e marcar a posición política dunha Unión Europea que só é factible se traballa desde a paz, a ética e os dereitos humanos. Esa é a Europa que queremos, e pola que loitaremos”, apunta Villoslada, que engade “»Se España recoñece ao Estado Palestino é porque Sumar está no goberno e porque Sumar marca o rumbo. Foi unha condición para formar o Goberno de coalición que Yolanda Díaz puxo enriba da mesa».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario