O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación daIII Liga Senior 3×3 organizada pola Fundación Breogán, iniciativa da que formará parte como integrante dun dos equipos.
Arias gabou o labor que realiza a Fundación que dirixe Salva Arco para divulgar os valores e a práctica do deporte e promocionar o Club Baloncesto Breogán, «que por historia e por afección é un referente identitario da nosa provincia».
A Liga Senior disputarase na pista principal do Pazo Dos Deportes os días 24 e 31 de maio e 7 de xuño; a fase final terá lugar o 9 de xuño na Praza Augas Férreas. Nas dúas edicións anteriores sumou máis de 120 participantes.