O lugar escollido para esta apertura de campaña, será a Praza Roxa de Santiago de Compostela
Este xoves 23, ás 23:45 está previsto que, o Partido Galego realice o acto de apertura de campaña electoral na capital galega.
Intervirán o Secretario Xeral Miguel Míguez, o Presidente do Partido Fco. Villanueva e a candidata á Eurocámara Olga Dourado.
Lugar da celebración na céntrica Praza Roxa de Santiago, onde a militancia, simpatizantes e cidadáns poderán participar na presentación-apertura de campaña electoral.
“Presentamos o slogan de campaña que pretende reunir o simbolismo de Galicia no contexto da Unión Europea e incluso de referencia mundial, dado a nosa potencia enerxética e situación xeográfica, GALICIA FIN DA TERRA E CENTRO DO MUNDO”.