O PP pide a Alvarellos que escoite as súas propostas “para garantir un servizo eficaz e evitar máis fallos na reparación de fugas en festivos e fins de semana”

por Redacción Lugo

Os populares insisten en que se reforce a brigada municipal tal e como solicitaron cunha emenda aos orzamentos de 2024 aclarando que «non poden dicir que non teñen recursos xa que, nos últimos oito anos, recadaron 26,6 M€ de todos os lucenses polos recibos de auga e de alcantarillado»

“Estamos defraudados pola nova contradición entre o discurso ecolóxico e as accións reais de Alvarellos e Arroxo” lembrando como “dende febreiro Lugo está sen un plan efectivo para solventar estas avarías” froito dunha mala xestión e falta de planificación.

Os populares preguntan porque “a pesar dos máis de 26,6 M€ que se ingresaron polos recibos de auga e de alcantarillado, que pagamos todos os lucenses, no periodo comprendido entre 2015 a 2023 non se fixeron melloras neste servizo”.

Esta cifra se desprende das liquidacións dos últimos oito anos polo que “o goberno local non pode escusarse dicindo que non ten fondos para prestar este servizo”.

Advertencias e propostas do PP

A voceira popular Elena Candia explica nun vídeo o que a promesa do gobern local dunha solución integral para reparar de forma eficaz as fugas de auga en festivos e polas noites quedou en papel mollado”.

No ano 2020 Lara Méndez e Alvaro Santos anuncian como solución provisional a firma dun contrato por un importe de 120.000 euros. Pero esa provisionalidade estancouse, esgotouse o contrato e asináronse prórrogas.

En agosto do ano 2023 advertimos que en outubro caducaba o contrato de reparación de fugas polas noites e en festivos. Insistimos en que se reforzase a brigada.

En Novembro preguntamos porque  deixaban caducar o contrato.

Desde mediados de febreiro de 2024 non hai que faga as reparacións.

Despois de anos estudando como xestionar de forma integral este servizo sacan a licitación en abril deste ano un novo contrato para reparar as fugas de auga curiosamente co mesmo importe que a todas luces será insuficiente. Só se presenta unha única empresa que acaba de coñecerse que renuncia.

Emenda orzamentos 2024

O PP leva anos denunciando que PSOE e BNG desmantelaron a Brigada Municipal de Augas: “Non lles pagaron as horas extras; obrigáronnos a recurrir á xustiza; a plantilla era escasa e non estaba ben dimensionada”.

Co ánimo de reforzar esta brigada dende o PP presentamos unha Emenda aos orzamentos de 2024 para destinar fondos para reforzar o equipo contratando a máis persoal pero caeu en saco roto.

Falso ecoloxismo

A mala xestión das fugas de auga é un exemplo da  insensibilidade co medio ambiental do goberno local de Lugo xa que “estas avarías, cando se producen en festivos ou fins de semana, poden pasar varios días sen resolver o que supón un desperdicio de recursos hídricos”.

Ademais do problema das fugas de auga o Concello tamén se enfronta a multas por vertidos ilegais como a que vén de recibir da CHMS ao concello de Lugo de  preto de 33.874,62 € por incumprimentos nunha autorización dun vertido no lugar de Fonda, en San Xoán de Pena por superar o caudal no punto horario fixado para o punto de vertido e ocasionar danos ao dominio público. (A cantidade inicial sumaba os case 50.000 € pero se reduce 20% por pronto pago e outro  20% por asunción de responsabilidade).

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario