Feiraco tira da afección para felicitar ao Dépor cunha “aliñación de momentos inesquecibles cara ao ascenso”

por Redacción Deportes

A empresa láctea FEIRACO, integrada na cooperativa rural galega CLUN, lanzou unha enxeñosa e emotiva iniciativa na que felicita ao deportivismo polo regreso á Segunda División cunha «aliñación de momentos inesquecibles cara ao ascenso», once acontecementos memorables propostos pola afección do club herculino.

Desde inicios da semana pasada, as rúas da Coruña enchéronse de mensaxes de FEIRACO que a afección deportivista de seguro recoñecerá ao instante. Trátase dun repaso polos once momentos clave nos que o éxito do equipo se decidiu no campo.

A aliñación de momentos inesquecibles cara ao ascenso

Nas redes sociais, e durante os últimos partidos do Dépor, a láctea galega preguntou á afección polos acontecementos da tempada máis celebrados, aqueles días clave nos que todo se decidiu no campo, en referencia aos valores de equipo e cooperativa que o Dépor e FEIRACO comparten, como recolle no seu claim «Todo se decide no campo».

Así, man a man coa afección, conformouse unha «aliñación de once momentos inesquecibles cara ao ascenso» do Dépor, que loce nas rúas da Coruña e tamén na web 11momentos.feiraco.es Estes acontecementos claves para entender o éxito do Dépor nesta temporada recollen tanto actuacións individuais como os logros do equipo e o papel crucial da afección deportivista.

Algúns dos momentos deste once titular do deportivismo louvan as paradas de Germán Parreño, as carreiras de Mella, o regreso de Yeremay, os goles de Lucas Pérez, os desprazamentos masivos da afección ou a xornada na que Riazor bateu o récord de asistencia na categoría. Todos, na web.

Unha tote bag exclusiva

Como colofón á campaña, a empresa láctea lanza unha tote bag exclusiva da marca coas franxas branquiazuis que a afección pode conseguir de varias formas. Xa está dispoñible en varios supermercados da cidade da Coruña e Lugo, de balde pola compra dunha caixa de leite FEIRACO.

Os supermercados nos que se atopa esta promoción son: Froiz (Cuatro Caminos e Granxal), Eroski (rúa Isaac Peral, rúa Perez Cepeda e rúa Illas Sisargas), Gadis (Avenida Mariña, Pocomaco e Cuatro Caminos); Carrefour Alfonso Molina, Alcampo Coruña e no Carrefour de Lugo. 

Ademais, a láctea galega sorteará varias unidades entre as persoas subscritas ao Club Feiraco e tamén entre as e os seguidores de FEIRACO nas súas redes sociais

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario