PP Lugo. «PSOE e BNG votan en contra de apoiar a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade»

por Redacción Lugo

Os deputados populares lamentan que o goberno de José Tomé segue a negarse a cumprir coas súas competencias ao «non querer liderar unha estratexia coordinada con outras administracións para impulsar a Ribeira Sacra e axudar ao asentamento de poboación e de empresas».

Os populares critican que, tal e como dixo o goberno provincial, «están orgullosos de ter residencias pechadas» en alusión a afirmación realizada polo deputado Pablo Rivera na que dixo que «os veciños de Folgoso do Courel deberían de estar orgullosos de que hai un convenio asinado para facer o centro de maiores» pero a realidade é que levan 9 anos agardando por este servizo tan necesario

·      Dende o Grupo Popular urxen ao goberno provincial a cumprir os compromisos adquiridos e a abrir aquelas residencias e centros de atención á maiores comprometidos e que centos de lucenses e as súas familias precisan para mellorar a súa calidade de vida

·      Ameijide explica que «apoiamos por coherencia» a petición de arranxo da estrada LU-170 entre Parga (Guitiriz) e Cabreiros (Xermade) pero critica que PSOE e BNG amosaron unha «alarmante dobre moral» ao rexeitar arranxar e realizar un correcto mantemento das estradas provinciais que hai nestes dous municipios

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario