O PSOE de Oleiros solicitará ao Alcalde, no Pleno de maio, aclaracións sobre a construción do auditorio de Bastiagueiro

por 21 Noticias

O Grupo Municipal Socialista xa alertou en decembro de que non era normal que só se presentase unha empresa á obra do Auditorio Multiusos de Bastiagueiro, unha obra que vai supoñer varios anos casi a metade do orzamento anual de inversión no Concello e da cal aínda non recibimos información sobre se existe un estudo de retorno da inversión nin cales serán os custes futuros de mantemento.

O Concello dí agora que apareceu auga e que hai que pilotar, pero non pode alegar que descoñecía a problemática do terreo xa que no «Prego de prescripcións técnicas para a contratación da redacción do proxecto básico e de execución de «edificio multiusos en Bastiagueiro», asinado en xullo de 2021 polo 5º Tenente Alcalde Delegado de Obras Públicas, incluíase un estudo xeotécnico do ano 2005 que dicía nos apartados 2) e 3) da súa Síntese (páx 19 e 20):

2) El nivel freático se encuentra muy cercano a la superficie, por encima de la cota de sótano.

3) La irregular disposición espacial de los diferentes niveles litológicos, …frecuentes cambios laterales en su resistencia (a menudo baja), …, constituyen un cúmulo de circunstancias que parecen recomendar la práctica de una cimentación a base de pilotes cuyas puntas se empotren en el macizo rocoso esquistoso, localizado entre 6,80 y 18,3 m. de profundidad.

Acceso ao documento: Construción de un Edificio Multiusos en Oleiros.

Por outra banda o BOP de 1 de marzo de 2023 recolle un anuncio de Augas de Galicia correspondente a esta actuación e indica que as intervencións «consisten na execución das obras reflectidas no proxecto de Construcción de un Edificio Multiusos en Oleiros». Solicitude de autorización de obras que fixo o Concello de Oleiros, a Augas de Galicia por atoparse nas marxes do río Bastiagueiro. Auga parece pois que era previsible atopala, e dificultades para cimentar no terreo tamén.

Acceso ao documento: BOP de 1 de marzo de 2023

No Pleno de xaneiro, no que un Alcalde especialmente tenso insultou, difamou e ameazou a un concelleiro socialista, nós preguntamos polo extraño que era que so unha empresa se presentase a unha licitación de 12 millóns e esiximos o compromiso de que non habería sobrecustes nin modificados de obra, e o ALCALDE EVITOU RESPOSTARO anuncio de agora de que hai que pilotar e de que aumenta o custe é a confirmación de que estábamos no certo, pero vistos estes antecedentes non poden alegar descoñecemento e facelo parece propio dunha broma cara e pesada.

Cómpre asumir responsabilidades ante unha pésima e extraña xestión que nos vai sair moi cara aos oleirenses para unha obra, capricho do Alcalde, que impide adicar eses cartos a alumeado, saneamento, vivenda para mozos ou aceras, e que vai hipotecar, aínda máis tras este anuncio, aos oleirenses».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario