Trátase dun estudio dun dormitorio cunha superficie de 34 metros cadrados.
O delegado territorial, Javier Arias, participou na entrega das chaves á persoa adxudicataria. Destacou que o Goberno galego está avanzando en diferentes proxectos para ampliar o parque de vivenda pública en Lugo, tanto no barrio da Tinería – onde están redactados os plans de rehabilitación de dous inmobles na rúa Catedral e foi adquirido outro máis no Carril dos Fornos – como noutras zonas da cidade.
Lembrou que todas aquelas persoas que queiran acceder ás vivendas que xestiona o Instituto Galego da Vivenda e Solo deben inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, un trámite gratuíto que pode facerse online na sede electrónica da Xunta.