Balseiro forzará ao Goberno a que explique no Senado se está disposto a intervir Alcoa a través da SEPI como fixo con outras industrias estratéxicas en España

por Redacción Lugo

Os senadores lucenses presentaron iniciativas na Cámara Alta onde se interesan pola disposición do Goberno para promover medidas para salvagardar a actividade e os empregos da única fábrica de produción de aluminio primario en España

  • Múltiples acordos das Cortes Xerais, Parlamento galego e Plenos municipais piden que se active, se é necesario, a intervención pública instrumental e temporal para buscar un comprador solvente
  • Preguntan tamén porque non se promoven todos os instrumentos públicos de apoio para a industria electrointensiva: un novo estatuto, esgotar as compensacións por CO2, a interrompibilidade e os PPAs
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario