No acto de inauguración Elena Candia agradeceu aos lucenses anónimos así como ás entidades colaboradoras a súa implicación achegando imaxes inéditas que permiten documentar fotograficamente a historia deste barrio senlleiro da nosa cidade.
Tanto a voceira do Grupo Municipal como o Presidente local do PP manifestaron que «o que mantén vivo un barrio é a acción das persoas que o elixen para residir nel ou para instalar os seus proxectos profesionais» destacando «a aposta da Xunta por esta zona, onde investiu máis de 30 M€ o que permitiu a posta en marcha de máis servizos como o Centro Integral de Saúde e a residencia de maiores»