A Deputación de Lugo conmemora a vindeira semana o Día Mundial do Medio Ambiente

por 21 Noticias

Se celebra o próximo 5 de xuño, cunha serie de actividades educativas e gratuítas deseñadas para nenos e adultos. O obxectivo destas actividades é promover o lecer saudable, poñer en valor o medio natural, e concienciar sobre o seu coidado e conservación.

Por unha banda, os talleres de educación ambiental levaranse a cabo os días 3, 4 e 6 de xuño, de 17:00 a 20:00 horas, na praza de San Marcos. As actividades están dirixidos a nenos a partir de 6 anos, e son totalmente gratuítas e de asistencia libre, sen necesidade de inscrición previa. Os participantes poderán desfrutar durante estas tardes dunha variedade de obradoiros sobre diferentes temáticas, que son os seguintes :

Taller de Bombas de Sementes e macetas de barro. Os participantes realizarán bombas de sementes con arxila e sementes de plantas autóctonas para fomentar a conciencia ecolóxica e a biodiversidade, e poderán decorar unha bolsa de tea para poder levar as bolas de sementes. Tamén se inclúe a decoración de pequenas macetas de barro para que os máis pequenos poidan levar unha planta para a casa.

Taller de Estampado e de Hotel de Insectos. A xornada permitirá realizaro estampado de bolsas de algodón mediante a técnica de Hapa Zome con plantas e follas, na que os participantes decorarán a súa propia bolsa co obxectivo de reducir o uso dos plásticos nos fogares. Os participantes poderán tamén elaborar uns pequenos hoteis de insectos para axudar a estos animais tan necesarios.

Taller de Mini Horta Urbana. Os participantes construirán unha mini horta urbana en madeira que apoderán decorar e a continuación, plantar diferentes especies de plantas hortícolas, orematar poderán levar a mini horta para os seus fogares e deste xeito fomentar ashortas urbanas na cidade.

No Centro de Interpretación Terras do Miño, o día 4 de xuño, desenvolverase un  taller para facer música coa reciclaxe.

Día Mundial do Medio Ambiente

A Deputación programa varias actividades para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, o 5 de xuño, que este ano se centra na protección dos ecosistemas terrestres. Ás 12 do mediodía, a institución provincial inaugurará nos corredores da planta baixa do Pazo de San Marcos a exposición Dende a Reciclaxe á Creatividade Musical; e pola tarde, ás 18:45 horas os usuarios e usuarias dos hortos urbanos do Río Rato recibirán no Salón de Actos os diplomas acreditativos das actividades formativas nas que particparon; e a continuación,  ás 20:00 horas, terá lugar a conferencia Pragas de Emerxencia, que impartirá Manuel Andrade e abordará as ameazas da praga de mosquitos.

Ademais, ese mesmo día a Deputación súmase a apagada ambiental que convoca o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro do programa People & Planet, co obxectivo de concienciar sobre o cambio climático e o consumo enerxético. Para elo, a fachada do Pazo de San Marcos suspenderá a súa iluminación. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario