Preto de 200 veciñas e veciños de Mos acudiron á concentración convocada por Ecoloxistas en Acción e a plataforma A auga é vida diante da sede do Celta en Vigo para esixir a o cegado do emisario de augas residuais procedente de Afouteza. Unha concentración motivada polas graves consecuencias que pode carrexar a continuidade deste vertido ilegal, xa que de alcanzar a contaminar as captación das traídas, estes pozos terían que ser clausurados, o que afectaría a miles de fogares en Mos.
Representantes de Ecoloxistas en Acción e das traídas de auga veciñais entregaron na sede do Celta de botellas con auga do mone de Tameiga e dunha garrafa con auga residual do vertido da Afouteza, para deste xeito visibilizar a grave ameaza que é este verdio para os seus mananciais. Uns mananciais que abastecen de auga de boca a miles de familias en Mos.
Rapazas fillas de veciñanza comuneiras leron un manifesto pedindo respecto para a veciñanza de Mos e reclamaron que se poña fin a esta ameaza ao futuro das súas comunidades. Tamén fixeron un chamamento ao celtismo para que censure este tipo de prácticas irresponsables co ambiente e a saúde da veciñanza de Mos.
Ecoloxistas en Acción denunciou ante a Fiscalía de Vigo e a Confederación Hidrográfica este vertido, xa que os resultados da análese, encargadas a un laboratorio pola organización ecoloxista, reflicten que o vertido da cidade deportiva do Celta contén unha concentración de 3600 ufc/100 ml de Coliformes totales cando o máximo permitido é 100, contén 1700 ufc/100 ml de Enterococos e tamén de Estreptococos cando o máximo permitido é 100, e tamén superan a concentración de coliformes fecais e Escherichia coli en varias magnitudes el máximo permitido.