O PP aposta dende Sarria por “unha ampla representación en Europa” para defender que os fondos europeos “favorezan o desenvolvemento do noso territorio”

por Redacción Lugo

Elena Candia presidiu unha reunión con alcaldes, portavoces e concelleiros da comarca de Sarria na que participaron os responsables autonómicos de Facenda e Medio Rural

  • Candia aposta pola «redución da burocracia» que permita «centrar os esforzos na propia actividade e non no papeleo» e, de feito, a proposta do PP recolle a redución da carga regulamentaria en xeral e nos eidos do emprendemento e da agricultura e gandería, de forma específica
  • Miguel Corgos explicou que Galicia «é e seguirá sendo dilixente cos recursos procedentes da UE que favorecen o benestar dos galegos e das galegas», e subliñou que os fondos europeos permitiron financiar a mellora do saneamento de Sarria e o Polo de Emprendemento e apoio ao emprego
  • Os populares pediron «acudir a votar o domingo polas propostas de sentido común do Partido Popular» fronte a «un PSOE máis centrado en cumprir cos socios independentistas que coa nosa provincia» e a un BNG «que oculta nas súas papeletas os socios independentistas vascos e cataláns»
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario