Os Microefectos Dramatúrxicos voltan co microteatro ao Club Clavicémbalo de Lugo

por Redacción Lugo

Os pases terán lugar este xoves 6, venres 7 e sábado 8 de xuño nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick no seguinte enlace: https://www.woutick.es/evento/26996/entradas-microefectos-dramaturxicos-2024 Tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.

O grupo, que cumpriu once anos de existencia o pasado mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

Pezas:

  • La Cangrena Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: María Grandío, Elvira Velasco e Anxo Manoel.
  • Main Stage Escribe e dirixe Brais García. Interpretan: Raquel López Cendán, Brian Rodríguez e Brais García.
  • Non foi sen tempo Escribe e dirixe Elvira Velasco. Interpretan: Isa Herrero, María Grandío e Elvira Velasco.
  • Wonderful World. A leiteira vs. Maslow Escribe e dirixe Isa Herrero. Interpretan Anxo Manoel, Brian Rodríguez e Isa Herrero.
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario