Formoso destaca que a provincia da Coruña é unha potencia europea en animación

por Redacción A Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado do alcalde de Carral, Javier Gestal, visitou hoxe na localidade o centro Amiga Space, un espazo tecnolóxico e formativo impulsado polo productor e director de cine e gañador dun premio Goya por The Monkey Xosé Zapata, onde se realizan producións de animación, 3D e videoxogos e se forman en animación os novos talentos do sector.

Formoso coñeceu as instalacións do centro, cubicado no antigo colexio infantil Víctor Velasco, que conta cun espazo de coworking para que os profesionais do sector podan desenvolver o seu traballo, varias aulas de formación conectadas para impartir cursos de formación, estudos de grabación para producións stop-motion e stagecraft e salas de proxección e reunións, entre outros espazos.

O presidente destacou o «carácter pioneiro» de Amiga Space

Ofrece múltiples posibilidades a empresas, profesionais do sector, institucións e alumnado que desexen completar a súa formación ou especializarse no eido da animación sen saír de Galicia.

«Con esta iniciativa pioneira en Galicia, Xosé Zapata e o seu equipo demostran que é posible emprender desde un pequeno municipio como Carral un proxecto baseado na innovación e na tecnoloxía, nun sector tan especializado e tan dinámico como é o da animación, no que Galicia, e en concreto a provincia da Coruña, é unha potencia a nivel europeo», afirmou o presidente.

Formoso e Zapata abordaron durante a visita as posibilidades de colaboración dentro das actividades de formación que no futuro irán vinculadas ao plató virtual Coruña Estudo Inmersivo (CEI) que a Deputación está construíndo na cidade das TIC da Coruña cun investimento de máis de 8 millóns de euros.

Durante a visita, Zapata explicou algúns dos proxectos nos que traballa o centro como a curta de animación «Avetimoloxía», que este ano se estrea en varios festivais internacionais e no que distintas especies de aves acompañan ao espectador durante unha viaxe polo historia de Europa e España con guiños á arte de Piscasso ou Velázquez.

Durante a visita, Formoso interesouse polo proceso de produción da curta, desde a creación manual das figuras ata o complexo proceso de animación dixital para darlles vida no filme.

Zapata traballa tamén na dirección da curta da animación «La silla de Mr. Fischer», unha ambiciosa coprodución entre España e Estados Unidos na que o cineasta neoyorkino Woody Allen pon voz en off á curiosa historia do Campionato do Mundo de Xadrez que enfrontou en 1972, en plena guerra fría, ao norteamericano Bobby Fischer e o ruso Boris Spassky en Reikiavik (Islandia)

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario