Eloy. Por @DulceCorcu

por Dulce Corcu

Unha gran tempada como epílogo para a súa etapa no Ponteceso, o club do que ao longo de tantos partidos vestira as súas cores e un corazón que dalgún xeito quedará sobre o céspede do Pinguel, alí sobre ese rectángulo desde o que defendía o escudo batallando cos atacantes rivais. Un posto, o de defensa central, non apto para todos pero si para Eloy, guerreiro no combate pero señor e cabaleiro cando se desprende da armadura.

Dos que van sementando amizades polo verde, sen máis inimigos que os que marcan os noventa minutos de cada contenda, sempre desposto para firmar a paz fose cal fose o resultado. Eloy é dos que se deixan sentir cando están nun club, que une e fai familia. Que rema sempre a favor aínda que o vento sopre en contra. Non é difícil poñerse na pel dos que quedan despois de despedirse, porque abonda coñecelo para saber que será imposible non botalo de menos.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario