O PP pon en valor o traballo realizado pola comisión de festas de San Antonio “para que estas celebracións sexan das máis agardadas en Monforte”

por Redacción Lugo

Katy Varela afea a José Tomé “o seu intento de apropiarse destas celebracións” cando a realidade é que “os festexos de San Antonio son un éxito grazas ao esforzo de moitos veciños”

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular afean a actitude de José Tomé “no seu intento de apropiarse das festas de San Antonio” tras ver as súas declaracións nos medios de comunicación apropiándose desta celebración lendaria nun barrio tradicional da nosa cidade.

A voceira popular, Katy Varela, explica que estas celebracións son un éxito en Monforte “grazas á agrupación de veciños que compoñen a comisión de festas, que co seu esforzo e meses de traballo, conseguen que as festas deste barrio sexan das máis importantes da cidade”.

A realidade é que José Tomé como alcalde unicamente aportaba 500€ a estas celebracións, do mesmo xeito que facía co resto de barrios e parroquias, unha cantidade que subiu cando desde o PP de Monforte conseguimos que a través de Turismo, a Xunta achegase ata 1.000€ para estas festas, aportación que tamén se realizará este ano, “momento no que o alcalde subiu a cantidade”.

“Por moitas achegas que realice dende unha administración para que unha festa tradicional  desenvólvase con éxito, un non pode apropiarse do traballo dos veciños”, critica a popular, que tamén aproveita para destacar “ese traballo e esforzo dos veciños para que ano tras ano estas festas sexan un éxito”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario