O BNG convoca unha xuntanza veciñal en Doiras (Cervantes) para avaliar o posible peche do consultorio durante o verán

por Redacción Lugo

A xuntanza terá lugar este venres 14 de xuño ás 19,30 diante do consultorio de Doiras

O Bloque Nacionalista Galego de Cervantes convoca á veciñanza a unha xuntanza este venres 14 de xuño ás 19,30 diante do consultorio de Doiras para avaliar a situación dos servizos sanitarios tras facerse público a vacante da praza de médico neste consultorio.

Nesta xuntanza participaran o responsabel local de Cervantes, Bernardo Vàldes, e a deputada no Parlamento Galego polo BNG, Olalla Rodil.

A veciñanza de Doiras trasladou ao BNG a súa preocupación pola situación na que vai quedar ese consultorio tras quedar vacante a praza de médico para os meses de xullo e agosto, «dende o BNG compartimos esa preocupación, pois a experiencia de outros concellos demostranos que o PP vai hacia a merma de servizo deste consultorio como pasou co de Parga ou o de Castro de Rei» expuxo Olalla Rodil

Dende o BNG defendemos a sanidade pública de todo o país especialmente o da zona da montaña lucense pois supón unha merma na calidade asistencial dos concellos da montaña nunha zona xeográficamente moi extensa e na que as distancias se multiplican por razóns orográficas

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario