Para o secretario xeral do PSdeG provincial, estes investimentos “veñen confirmar o compromiso absoluto do Goberno de Pedro Sánchez coa nosa provincia e coa nosa terra”
O PSdeG-PSOE provincial da Coruña celebra os investimentos millonarios que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible do Goberno de España anunciou nas estradas de Galicia e do conxunto do Estado, incluíndo diversos tramos que transcorren pola provincia.
O ministerio dirixido polo socialista Óscar Puente realizará ao longo do verán melloras do firme das estradas de 15 provincias españolas a través de 2.869 actuacións, cun investimento total de 53 millóns de euros.
No caso de Galicia realizaranse 1.145 destas actuacións, que comezarán nas vindeiras semanas. Estas contarán cun importe total na comunidade de 23,1 millóns, sendo a comunidade autónoma máis beneficiada por estes investimentos.
Entre estas actuacións estarán a mellora do firme da A-54, a autovía Lugo-Santiago, entre os km 83,400 e 93,400, e mais do da A-6, a autovía do Noroeste, entre os km 406,700 e 593. Ambas autovías transcorren pola provincia da Coruña.
Para o secretario xeral do PSdeG provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, estes investimentos “veñen confirmar o compromiso absoluto do Goberno de Pedro Sánchez coa nosa provincia e coa nosa terra”.
Estas obras virán reparar os danos rexistrados nos últimos meses nas estradas, principalmente con motivo das condiciones meteorolóxicas adversas experimentadas.
Os traballos consistirán principalmente na eliminación parcial mediante fresado das capas de firme afectadas, a reposición con novas mesturas bituminosas e o repintado de marcas viais. Deste xeito mellorarán a seguridad e o confort na circulación dos usuarios das vías.