Unha persoa excarcerada dun vehículo na N-547, ao seu paso por Boente, no concello de Arzúa

por Óscar de Souto

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Arzúa interviñeron nun operativo causado por un accidente na estrada N-547 á altura do punto quilométrico 55, ao paso da vía pola parroquia arzuá de Boente.

A incidencia foi ocasionada por unha colisión entre un camión e un turismo, provocando que a persoa condutora deste último precisase ser liberada do seu interior. A circulación no punto tivo que ser cortada, aínda que nestes momentos xa foi restablecida.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario