Onte, a Peña deportivista de Teixeiro convidou o seu centenar de socios a uns pinchos e consumicións na súa sede, Cervecería Norfolk. Unha xornada de camaradería deportivista, celebrando o ascenso, despois de catro longas noites de pedra na Primeira RFEF.
Nesta festa de fin de tempada non faltaron os sorteos, cánticos e un bengaleo na praza do pobo, levado a cabo polos “cachorros”, onde quedou claro a paixón e amor incondicional da xente de Teixeiro polo Dépor. No acto, moi entrañable entre os peñistas, falouse do ascenso ao fútbol profesional, e na proxima tempada, todos empuxaremos para que, o noso RC Deportivo, ascenda a Primeira División.
Do mesmo modo, desde a directiva da peña, agradecer o trato de Manolo, o dono da cervecería, xa que foron todo facilidades, para que a festa fose posible.