PP Lugo: » Tomé segue a usar a Deputación como a chequera para cubrir as débedas da neglixente xestión dos alcaldes do PSOE»

por Redacción Lugo

Na xunta de goberno do venres, José Tomé, o PSOE e o BNG aprobaron un novo convenio interadministrativo de cooperación para cooperar no financiamento dos gastos correntes dos exercicios 2023 e 2024 do Concello de Meira por un importe de 300.385,38€, cunha achega de 300.000€ por parte da Deputación e de 385,38€ por parte do Concello de Meira. “Este convenio o agocharon na propia rolda de prensa, probablemente para intentar que non se enterasen o resto de concellos e a cidadanía”, sinalou.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, ve “reprobable” esta actuación por parte de Tomé xa que “unicamente se preocupa de axudar aos seus” e lle pregunta “se o goberno provincial pensa poñer en marcha unha liña de financiamento para sufragar os gastos correntes dos 67 concellos da provincia ou so vai a seguir pagando os cheques dos seus alcaldes afíns, mantendo esa liña do municipalismo de amiguetes”.

Neste caso, non é a primeira vez que a Deputación de Lugo acude ao rescate do Concello de Meira nos últimos meses. En decembro, socialistas e nacionalistas aprobaron en xunta de goberno provincial outro convenio para cooperar no financiamento dos gastos correntes do Concello de Meira, por un importe de 150.449,62€, cunha aportación de 150.000€ por parte da Deputación e de 149,62€ por parte do Concello de Meira.

Nos últimos meses, so ao concello de Meira, a Deputación enviou 450.000€ para tapar a mala xestión socialista deste Concello. “Semella que os alcaldes do PSOE, derrochan e arruínan os seus veciños e despois vai Tomé cos cartos de todos a pagar a conta”, afirmou.

Antonio Ameijide denuncia que Tomé “segue usando” a Deputación de Lugo “como a súa chequera de man” para financiar “a neglixente xestión” dos alcaldes socialistas ao longo da provincia, recordando varios casos dos últimos meses como Pol, Guitiriz, Taboada ou Antas de Ulla, “curiosamente todos gobernados por rexedores socialistas”.

Especialmente chamativo foi o caso de Pol, xa que o alcalde Lino Rodríguez tivo que recorrer á axuda da Deputación para poder facer fronte a gastos correntes do día a día, como o pagamento dos seguros ou do combustible dos vehículos municipais, para a compra de material para reparacións da rede de subministro de auga ou para a adquisición de sementes e fertilizantes.

Unha situación “inxusta” xa que “nin socialistas nin nacionalistas tratan por igual a todos os veciños da provincia”, sendo a realidade que a institución provincial está a dirixir fondos de tódolos lucenses a sufragar gastos correntes de concellos con alcaldes afíns. “É certo que unha das funcións das Deputacións Provinciais é a cooperación cos concellos, como tamén o é o feito de que o goberno desta institución non colabora do mesmo xeito con todos os Concellos da provincia”, recordando o voceiro provincial popular os 15M€ que o goberno provincial repartiu a dedo en 2023 a través de convenios aprobados nas xuntas de goberno, un concepto no que no primeiro trimestre de 2024 deron a dedo 900.000€ unicamente a municipios con alcaldes do PSOE ou do BNG.

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario