Máis de 100 persoas participaron esta mañá na acción organizada polo Festival Mar de Mares na contorna da Torre de Control Marítimo, na que se recolleron máis de dúas toneladas entre pneumáticos, plásticos, latas, redes e vidro
Máis de 100 persoas protagonizaron onte unha espectacular acción civil en favor dos mares no corazón da Coruña. A Gran Limpeza de Fondos Mariños, liderada por Signus e baixo a dirección técnica de Buceo Galicia, que este ano chega á súa quinta edición, rexistrou unha gran participación de mergulladores e voluntarios en terra para levar a cabo a retirada de residuos nas augas que rodean a Torre de Control Marítimo do Porto da Coruña. No operativo participou a activista dos océanos Olivia Mandle como voluntaria en terra. A limpeza contou coa colaboración de diferentes entidades como a Cruz Vermella, Bombeiros da Coruña, Vegalsa-Eroski, Abanca e a súa obra social Afundación; a Asociación Amicos, Cabreiroá, o Concello da Coruña e Signus, entidade que cada ano recolle e xestiona en España 15 millóns de pneumáticos usados.
A súa directora de Comunicación, Isabel López Rivadulla, destacou durante a xornada a crecente implicación da cidadanía na iniciativa levada a cabo por Mar de Mares, “unha das máis importantes de Mar de Mares e á que vai sumándose cada vez máis xente”, e sinalou a importancia de concienciar a través da visibilización dos residuos que acaban no mar.
O coordinador técnico da limpeza dos fondos mariños, Hugo Rodríguez, de Buceo Galicia, salientou o traballo fundamental dos voluntarios que se fai no mar, coa participación de en torno a 40 buzos, e tamén dos voluntarios que colaboran en terra, encargados do traslado e clasificación do lixo que se retira do mar. Destacou que hoxe sacáronse á superficie máis de dúas toneladas de lixo, entre pneumáticos, plásticos, latas, vidro, redes e cabos. Rodríguez adiantou tamén que a limpeza non rematará aquí, xa que teñen previsto continuar bordeando a cidade en próximas edicións ata completar a retirada de lixo en toda a costa coruñesa.
Unha acción na que se vive a máis pura esencia de Mar de Mares onde conflúe a participación cidadá coa das entidades públicas e privadas. O claro exemplo de que xuntos somos máis fortes. Esta limpeza é, sen dúbida, unha das actividades con maior carga de activismo de toda a programación do Festival á que, ano tras ano, súmase máis xente e consegue ter un maior impacto na sociedade. Unha maneira máis de continuar esta labor de concienciación a través da visibilización dos residuos que acaban no mar que debería facernos reflexionar a todos sobre o noso impacto no medio ambiente.