O pacto de gobernabilidade do Concello do Carballiño (PP-PSdeG) non conta coa autorización do Partido Socialista

por 21 Noticias

En referencia ao anuncio dun pacto de goberno no Concello do Carballiño por parte do actual alcalde socialista e o portavoz do Partido Popular, a Comisión Executiva Nacional do PSdeG manifesta, a través da Secretaría de Organización e en coordinación coa Executiva Provincial de Ourense e a Executiva Federal do PSOE, que ese acordo non conta coa autorización do Partido Socialista.

Do mesmo xeito, informa de que, de materializarse o antedito pacto de goberno, o PSdeG tomará todas as medidas previstas nos estatutos e demais normativa do partido, con efecto sobre os concelleiros e concelleiras que desatenderan o mandato dos órganos de dirección.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario