José Manuel Gómez Puente critica que, a pesar de que o Concello de Barreiros conta con dous tractores para este fin, non foi ata onte, 17 de xullo cando a alcaldesa deu orde de comezar con estes traballos.
O popular explica que si o Concello de Barreiros utilizase o novo tractor de desbroce, que foi financiado pola Deputación provincial cun importe de 129.000€, para a limpeza e o mantemento da rede viaria municipal durante estes meses «evitariamos externalizar os desbroces», algo tan criticado polo BNG cando estaban na oposición
· José Manuel Gómez Puente reclama que se limpe periodicamente as beirarrúas de entrada a San Cosme no entorno da gasolineira xa que volven a estar as dúas beirarrúas con moita herba causando molestias ao pasear e a imaxe é de «abandono e sen mantemento»
· Dende o PP recordan que a limpeza e o desbroce da vexetación da rede viaria de todo o municipio por igual «é fundamental» non so pola imaxe que se transmite senón porque axuda a mellorar a seguridade viaria garantindo a visibilidade tanto a peóns como a condutores e ademais debe ser por igual en estradas xa que hainas que so se desbrozan unha vez o ano