A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a este domingo. O acto contou coa participación da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, así como do delegado territorial, Javier Arias, e unha nutrida representación da Asociación de Veciños, co seu presidente, Ricardo Varela, á cabeza.
Os representantes da Xunta gabaron o labor da entidade e a traxectoria desta festa, que desde hai máis de dúas décadas concita na Piringalla a veciños e veciñas de toda a cidade. Explicaron que a Xunta tamén colabora coa asociación noutras actividades que realizan ao longo do ano, como as festas de San Isidro.
A cita do domingo comezará ás 20.30 horas coa distribución das racións de becerro, pementos e bebidas. A partir das 22.00 horas haberá verbena coa orquestra Súper Top e a medianoite prenderase a fogueira do San Xoán.