Ameijide aprema á Deputación a que esixa a Adif arranxar os danos ocasionados nas estradas provinciais en Sober e Ferreira de Pantón antes da campaña de verán

por Redacción Lugo

As estradas provinciais afectadas son a LU-P-4103 e a LU-P-4105, en Ferreira de Pantón, e a LU-P 5901 (treitos novo e vello), LU-P 5902 e LU-P 5905, en Sober

Os deputados provinciais Antonio Ameijide e Luis Fernández comprobaron ‘in situ’ os danos derivados das obras que Adif está a realizar nas vías do ferrocarril ao seu paso polos municipios de Sober e Ferreira de Pantón.

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, explica que “somos conscientes de que toda obra ten os seus inconvenientes e que poden producir molestias ou incluso danos” por este mesmo motivo, e ás portas da temporada de verán, na que os municipios da Ribeira Sacra reciben o maior número de visitantes “non se pode ter as estradas tan danadas como o están, con numerosos baches e fochancas que poden provocar accidentes”.

As estradas provinciais afectadas son:

  • A LU-P-4103 e a LU-P-4105, en Ferreira de Pantón
  • A LU-P 5901 (treitos novo e vello), LU-P 5902 e LU-P 5905, en Sober

Ante esta situación, dende o Grupo Provincial Popular piden á Deputación que inste a Adif a reparar todos os danos ocasionados polas obras para “garantir a seguridade” nas estradas provinciais.

Unha medida provisional xa que, segundo o convenio de colaboración entre ambas entidades, unha vez rematen os traballos que se realizan nas vías, Adif debe de corrixir todos os danos producidos en deixar en boas condicións as estradas provinciais afectadas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario