A alcaldesa subliña a intensa colaboración entre a Concellaría de Benestar Social e a entidade de referencia dás persoas que sofren esta enfermidade
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o presidente da Asociación Parkinson Galicia-Coruña, Antonio Ferreiro Campillo, asinaron no palacio de María Pita un convenio por importe de 30.000 euros para os seus programas de apoio á autonomía persoal das persoas que sofren esta enfermidade neurodegenerativa.
«Este acordo inscríbese na colaboración fluída e constante do Concello coa entidade de referencia na atención ás persoas con Parkinson na nosa cidade», sinalou Rey. O Goberno de Inés Rey impulsou un proxecto de formación en coidados para as persoas maiores e dependentes da cidade que reciben asistencia a domicilio da man de cinco entidades sociosanitarias da cidade, entre as que se atopa a Asociación Parkinson Galicia-Coruña.
Neste ano 2024, o Concello mantén convenios nominativos por máis de tres millóns de euros con entidades que traballan pola inclusión, a loita contra as adiccións, os maiores, a infancia, a discapacidade e a defensa dos dereitos e o benestar de persoas enfermas e os seus familiares.