Raíña-me!, o primeiro programa drag en galego, chega a A Galega

por Redacción Galicia

Catro invitades aceptan o reto de Alexa Evans para convertirse en raíñas do drag

Este xoves 20 xa dende ás 21h estará dispoñible o primeiro capítulo do programa máis novidoso da Televisión de Galicia, Raíña-me! na súa plataforma. Alexa Evans, acompañada da súa maquillaxe e das súas perrucas, chega á plataforma A Galega, para convertir en drag queens a convidados VIP cada seman.

No seu “Odragoiro”, Alexa convertirá a un famoso convidado en drag queen ao longo dun proceso no que se fan probas e retos para coñecer a fondo as reviravoltas máis divertidas do mundo drag e coñecer o entrevistado como non se fixera antes.

Este novo formato, dirixido por Álvaro González e producido por Brava, conta con catro entregas que comezarán a súa emisión este xoves 20 de xuño na plataforma A Galega (Raíña-me | AGalega). Os vídeos promocionais do formato veñen de revolucionar Galicia en poucos días conseguindo máis de 150k impresións nos seus reels e unha acollida espectacular por parte do público.

Neste primeiro episodio, Alexa estará acompañada polo youtubeiro Mario Brión, máis coñecido como @olaxonmario, un gran comunicador galego coñecido en redes por falar sobre minorías culturais, xeopolítica e produtos culturais galegos. Cada xoves poderemos desfrutar das dragformacións da man de  Alexa Evans e moito contido adicional como “Os segredos do Odragoiro” nas redes de @brava.gal

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario